Concello de Sanxenxo - A CONSELLERÍA CONFIRMA A GRATUIDADE DAS ESCOLAS INFANTÍS PARA MÁIS DE 100 FAMILIAS DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello realizou os trámites expostos na convocatoria para que nenos e nenas do municipio poidan beneficiarse desta iniciativa pioneira

A Consellería de Política Social acaba de confirmar a gratuidade das escolas infantís municipais para 112 familias de Sanxenxo que, este curso, beneficiaranse desta iniciativa pioneira posta en marcha pola Xunta de Galicia. A Concellería de Educación, dirixida por Paz Lago, recibiu onte a resolución favorable dunha subvención que para este curso ascenderá a 96.344 € , unha cifra que irá variando en función das familias que se beneficien da medida, que supón un 17% do gasto do servizo que sufraga o Concello e que ascende a 567.000 euros.

Neste curso inscribíronse 35 nenos na escola infantil do Tombo e 67 no Revel. O único servizo polo que terán que pagar as familias, entre 17 e 74 euros mensuais, dependendo dos seus ingresos, é o comedor.
Ambos os centros ofrecen un servizo de calidade, polas súas instalacións, o persoal cualificado, as actividades que se programan e a atención en aulas diferenciadas por idades. Co obxectivo de manter estes estándares de calidade na nova concesión incrementouse o gasto anual en 119.000 euros, pasando de 448.000 euros aos 567.000 euros.

Os servizos sociais converten a Sanxenxo nun referente en materia social. Proba diso é o aumento nesta área no Orzamento municipal para 2023 no que o esforzo investidor increméntase un 21,6% en servizos como Axuda non Fogar, escolas infantís e Centro de Día cunha partida de 2.008.800 euros. Supón un crecemento de 2,6 millóns se se inclúen tamén os gastos do CIM, Taller de Memoria, Servizos Sociais e Educación para Maiores. O gasto social por habitante aumenta por sétimo ano consecutivo e sitúase en 148 euros

0
0
0
s2sdefault