Concello de Sanxenxo - O CIM DE SANXENXO LEVA REALIZADAS 529 ATENCIÓNS PSICÓLOGICAS E XURÍDICAS EN 2022
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Centro de Información á Muller (CIM) leva realizadas ao longo de 2022 un total de 529 atencións psicolóxicas e xurídicas. O incremento de actividade concéntrase no caso de asesoramento xurídico (83) en cuestións de dereito de familia que ten que ver coas separacións, divorcios e nulidades matrimoniais, casos nos que se detectou un aumento tras a pandemia. Tamén con situacións relacionadas co dereito civil como permisos de estranxeiría, herdanzas ou incapacitaciones. Até 30 consultas sobre xustiza gratuíta tramitáronse este ano no departamento xurídico do CIM.

No caso de atencións psicolóxicas (446), realizáronse 151 consultas xerais, fundamentalmente por ansiedade, baixa autoestima, tensión e carencias emocionais. Algunhas destas atencións realizáronse en grupos como o caso de talleres de empoderamiento feminino. Ademais, realizáronse 124 atencións a vítimas de violencia de xénero. Ademais, até en 156 ocasións realizáronse consultas polas que foron derivadas a outros departamentos municipais.

En canto ás actividades realizadas ao longo do ano, cabe destacar as celebracións do 25-N e o 8-M, xornadas para as que se realiza unha programación propia para tratar de sensibilizar aos distintos sectores da sociedade co papel da muller e contra a violencia de xénero.

Sanxenxo ten en vigor o V Plan de Igualdade que permitirá durante este catro anos continuar desenvolvendo políticas de acción positiva en todos os ámbitos e en todas as áreas municipais. A estrutura do plan recolle seis áreas de intervención cun total de 50 medidas de actuación, ademais de recoller a metodoloxía a seguir no seu proceso de elaboración, o procedemento de avaliación para coñecer o grao de execución de cada unha das medidas de actuación programadas.

Os obxectivos do plan son incorporar a perspectiva de xénero en todas as actividades e no conxunto de políticas que leven a cabo desde o Concello; erradicar a violencia contra as mulleres a través da prevención, sensibilización e asistencia e apoio ás vítimas en coordinación cos diferentes axentes locais e promover a inclusión de valores educativos, culturais e deportivos igualitarios na cidadanía, entre outros.

0
0
0
s2sdefault