Concello de Sanxenxo - A PREVISIÓN DE VENTO E CHOIVA OBRIGA A APRAZAR AO 5 DE XANEIRO O ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO DE FIN DE ANO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A tirada de fogos realizarase o día 5, ás 21 horas, desde o porto de Sanxenxo tras a chegada da Cabalgata de Reis a Portonovo

A previsión de vento e choiva obrigou a aprazar ao 5 de xaneiro o espectáculo pirotécnico co que Sanxenxo ía despedir o ano. A tirada de fogos realizarase o 5 de xaneiro, ás 21 horas, desde o porto de Sanxenxo como colofón á Cabalgata de Reis que este ano concluirá en Portonovo. Tamén se cambiará ao 4 de xaneiro o "Chapuzón por unha Ilusión" da Fundación Aladina. Consérvase o horario ás 16:30 horas e a localización, na praia de Silgar. Polo momento, mantense o Fin de Ano adiantado na Praza de Pascual Veiga, ás 12 do mediodía.

A maxia do Nadal protagonizará o 5 de xaneiro. A xornada comezará co Tren Mago que, por segundo ano consecutivo, percorrerá as parroquias, desde as 10:30 horas, saudando e anunciando a Recepción Real e a Cabalgata da tarde. Para mañá está previsto un sorteo, coa colaboración das Anpas, no que se elixirán a nenos e nenas que poderán acompañar aos Reis Magos durante a cabalgata a bordo do Tren Mago. O acto terá lugar no Pazo de Emilia Pardo Bazán. Os pequenos e pequenas deberán estar matriculados en cursos desde 6º de Infantil ata 6º de Primaria e estar empadroados en Sanxenxo.

O día 5, os nenos e nenas poderán fotografarse e ver de preto ao seu rei favorito na Sala Nauta. Tras a recepción, sairá a Cabalgata que concluirá no porto de Portonovo. A tirada de fogos servirá como broche de ouro á xornada que ademais poderá ser vista tanto desde Sanxenxo como desde Portonovo.

0
0
0
s2sdefault