Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 31 NENOS E NENAS DE SANXENXO PODERÁN ACOMPAÑAR AOS REIS NA CABALGATA A BORDO DO TREN MAGO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O salón de actos do Pazo acolleu esta mañá o sorteo entre os 974 empadroados no municipio

A concelleira de Educación e Cultura, Paz Lago, presidiu esta mañá o sorteo para elixir os nenos e nenas que poderán acompañar aos Reis Magps na cabalgata o próximo 5 de xaneiro. No acto e representando ás distintas parroquias tamén estiveron membros das Anpas. En total elixíronse a 31 nenos e nenas, nacidos en Sanxenxo entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2017, que poderán ir a bordo do Tren Mago na comitiva da Cabalgata de Reis.

Tras consultar o padrón municipal, son 974 os que reúnen os requisitos e que puideron entrar no sorteo. Facendo unha distribución proporcional, o número de prazas por cada parroquia resultou o seguinte:

  • Adina: 9
  • Dorrón: 3
  • Bordóns: 1
  • Padriñán: 7
  • Vilalonga: 5
  • Nantes: 2
  • Noalla: 4

O vindeiro luns, a Concellería de Cultura e Educación porase en contacto coas familias. No caso de non querer participar, o Concello dispón dunha lista de suplentes.

0
0
0
s2sdefault