Concello de Sanxenxo - UN ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO CON MÁIS DE 100 EFECTOS E FORMAS DIFERENTES ILUMINARÁN A NOITE DE REIS EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A tradicional Cabalgata de Reis estará precedida por un percorrido do Tren Mago polas parroquias e unha recepción real na Sala Nauta

Sanxenxo prepárase para recibir ás súas maxestades os Reis Meigos de Oriente cunha xornada chea de actividade e maxia que culminará cun espectáculo pirotécnico con máis de 100 efectos e formas diferentes. A xornada do 5 de xaneiro dará comezo co Tren Mago que a partir das 10:30 partirá do porto deportivo para percorrer as parroquias do municipio anunciando a visita real que terá lugar pola tarde. Ás 16:30 horas, comezará a Recepción Real na Sala Nauta para que os nenos e nenas poidan ver de preto ao seu rei mago favorito e trasladarlle os seus desexos. No exterior, haberá animación para facer máis agradable a espera. Ás 17:30h., na Praza dos Barcos celebraránse as tradicionais Danzas de Reis interpretadas pola Asociación Cultural Soalleira.

Ás 19 horas está previsto que salga a comitiva real encabezada polo Tren Mago que levará a bordo 31 nenos e nenas de Sanxenxo elixidas por sorteo seguido de tres carrozas nas que irán Melchor, Gaspar e Baltasar. O percorrido sairá do porto deportivo, para continuar pola Rúa Madrid, Rotonda A Florida, Progreso, Rotonda Terraza, Luis Vidal Rocha, Paseo de Silgar, Avenida de Galicia, Rafael Picó e culminará no porto de Portonovo.

Ás 21 horas, está previsto que un espectáculo pirotécnico con máis de 100 efectos e formas diferentes iluminen a noite de Reis en Sanxenxo. Os fogos durarán 11 minutos e botaranse desde o porto deportivo de Sanxenxo. Un broche de ouro que incluirá novidades e sorpresas no arranque lumínico.

Chapuzón por unha ilusión
Doutra banda, a praia de Silgar acollerá mañá pola tarde, ás 16:30 horas o Chapuzón por unha Ilusión co obxectivo de recadar fondos para os pacientes de cancro infantil da Fundación Aladina. Un mergullo solidario que comezou a celebrarse o ano pasado e que, tras o éxito acadado, afiánzase no calendario do Nadal. As persoas que queiran colaborar poderán facelo cun donativo mínimo de 5 euros que lles dará a posibilidade de entrar nun sorteo de estancias en hoteis, spas, roscas e ceas para dúas persoas. Os máis atrevidos poderán bañarse e acudir á cita vestidos de forma divertida e festiva. Os asistentes poderán gozar tamén dunha chocolatada para quentarse tras o baño.

TREN MAGO 2023 BAJA

0
0
0
s2sdefault