Concello de Sanxenxo - A RECADACIÓN SOLIDARIA DO TROFEO MANOLO MARTÍN AXUDARÁ A LEVAR 30.000 LATAS DE CONSERVA A 3 ORFANATOS DE UCRAÍNA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



O alcalde, Telmo Martín, e o presidente da Fundación Amigos de Galicia, Ramiro Varela, deron a coñecer onte o destino dos fondos

A recadación do XL Trofeo Solidario Manolo Martín celebrado o pasado mes de agosto en Sanxenxo destinarase a axuda alimentaria a nenos e nenas de tres orfanatos de Ucraína. En colaboración coa Fundación Amigos de Galicia levará a tres centros do país tres palés de conservas con 30.000 latas de diferentes alimentos nos próximos días. O obxectivo é axudar a un país que leva case un ano sufrindo a invasión rusa. Un conflito no que se estima que morreron máis de 40.000 civís e 200.000 soldados de ambos os países.

O alcalde, Telmo Martín, xunto ao presidente da Fundación Amigos de Galicia, Ramiro Varela, anunciaron o destino solidario do XL Trofeo Manolo Martín no salón de plenos do Concello de Sanxenxo. Ao acto non puido asistir o promotor do trofeo Manuel Martín debido a unha indisposición de última hora. "O Concello está encantado de colaborar con esta iniciativa cedendo o campo de Baltar e comprando entradas para os nenos e nenas do municipio como xa levamos facendo dende hai anos", explicou o alcalde.

O presidente de Fundación Amigos de Galicia lembrou que o ano pasado o diñeiro recadado co trofeo destinouse á investigación contra o cancro. "Este ano decidiuse destinar a compra de conservas para nenos orfos de Ucraína. Enviarase dous primeiros palés e logo un terceiro ao punto exacto onde se atopa o orfanato para evitar a perda da mercadoría", sinalou Varela.

As conservas son de distinto tipo desde mexillóns ata ventresca ou sardinillas que pola súa elaboración teñen un período de caducidade que nalgúns casos supera o tres anos. Ademais, explicou Varela, pediatra de profesión, que "o peixe azul é un moi bo alimento para os nenos".

0
0
0
s2sdefault