Un total de 16 centros da comarca participaron na proba que se celebrou esta mañá en Sanxenxo
O Piñeiral de Montalvo acolleu esta mañá unha das probas do Cross Campo a través zonal do Salnés na que participaron 1.482 escolares de 16 centros educativos da comarca. Os participantes foron chegando á tixola de Montalvo de forma graduada para competir na proba enmarcada dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. Ata o lugar desprazouse á primeira hora o concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, para saudar á organización e asistir á competición.
Os tramos da proba dividíronse por cursos para realizar un percorrido de distinta dificultade, desde os 450 metros ata os 1.800 metros, en función da idade dos nenos e nenas. Os tres primeiros postos en cada categoría lograron unha medalla e os de 4º e 5º posición, un diploma.
O obxectivo primordial desta proba é a promoción da saúde, a condición física e o benestar, así como a convivencia entre centros educativos, sen esquecer nin deixar de lado o rendemento deportivo, pero asegurando que todos os escolares poidan ter acceso á práctica de actividades físico-deportivas sen que exista ningún tipo de discriminación.
A xornada desenvolveuse con normalidade, sen incidentes e desde a organización destacáronse a paisaxe e os servizos da zona o que facilitou a preparación da proba na que participaron alumnos de1º, 2º e 3º da ESO e 2º,3º,4º, 5º e 6º de Primaria.
O PIÑEIRAL DE MONTALVO ACOLLE UNHA XORNADA DO CROSS CAMPO A TRAVÉS ZONAL DO SALNÉS CON 1.482 ESCOLARES

powered by social2s