Concello de Sanxenxo - ADINA CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA AS FESTAS EN HONRA A SAN ANTONIO COA TRADICIONAL POXA DE CACHEIRAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Adina prepárase para acoller esta fin de semana as festas en honra a San Antonio organizadas pola comisión de festas da parroquia en colaboración co Concello de Sanxenxo. As xornadas festivas darán comezo o sábado con alborada a partir das nove da mañá con Os do Barro. Ás 21 horas, terá lugar a Gran Verbena amenizada polos grupos Alaska e Prisma.

O domingo 22, comezará con alborada de Os Gatiños pola parroquia. Ás 12 horas celebrarase a misa solemne en honra a San Antonio, seguida da procesión e a tirada de fogos. A continuación, terá lugar a tradicional poxa de cacheiras e lacóns entre os asistentes. Ás 13:30 horas haberá sesión vermouth con degustación de callos, empanada, orella e carne "ao caldeiro" a prezos económicos e estará amenizada polos Dinámicos.

O recinto da festa estará cuberto por unha carpa.

0
0
0
s2sdefault