Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RENOVA O CÉSPEDE DA PISTA DEPORTIVA DO PARQUE DE PANADEIRA E AS PEZAS DE XOGO EN MAL ESTADO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos inclúense dentro das actuacións de mantemento contratadas para a posta a punto das áreas lúdicas

O Concello de Sanxenxo culminou estes días a renovación do céspede da pista deportiva do parque de Panadeira e as pezas de xogo en mal estado como as canastras e as camas elásticas. Os traballos inclúense dentro das actuacións de mantemento contratadas para a posta a punto das 25 áreas lúdicas municipais.

A mellora deu comezo nos parques infantil e biosaudable de Bordóns no parque do Outeiro e O Sear nos que substituíu a superficie da área de xogo, o cambio de pezas en mal estado, a renovación do valado e a posta a punto dos elementos de xogo.

O desgaste provocado polo paso do tempo e, nalgúns casos, o uso inapropiado das instalacións provocou que necesiten melloras. O contrato, valorado en 119.064 euros, inclúe a renovación ou reparación de pezas en mal estado e a construción dun novo campo de petanca e chave no parque do Espiñeiro.

Os traballos arrincaron a finais do ano pasado cunha folla de ruta marcada por parroquias. En Dorrón actuarase no parque infantil e zona biosaudable de Areas; en Padriñán, ademais do de Panadeira, melloraranse os parques de Miraflores e Punta Vicaño; en Adina actuarase nos parques de Baltar, Praza Pública, Espiñeiro, San Roque, Seame I, Seame II e o do campo de festas de Arra; en Noalla, os parques da igrexa de Aios, Soutullo, igrexa de Noalla e A Revolta; en Vilalonga, os parques da praza de abastos, Arnosa, Salgueira, Praza Pública e capela de Gondar; en Nantes mellorarase o parque de Contumil e o da igrexa.

No apartado de melloras, valoradas en 7.941 euros, inclúese a limpeza inicial dos parques infantís e áreas biosaudables, a substitución do bordo de madeira por un de granito dos campos de chave e petanca que se instalarán no Espiñeiro e o cambio de tornillería e reforzo dos bancos por uns de aceiro inoxidable. Unha vez se conclúa en Panadeira, seguirase traballando no parque de Canelas en Portonovo. 

0
0
0
s2sdefault