Concello de Sanxenxo - SANXENXO PERCIBE EN FITUR GRANDES EXPECTATIVAS DE CRECEMENTO TURÍSTICO PARA ESTE ANO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Feira Internacional de Turismo supera as cifras de afluencia anteriores ao Covid desde o inicio da cita

Sanxenxo percibe en Fitur grandes expectativas de crecemento turístico para este ano cunha forte aposta do sector na promoción do destino. O alcalde, Telmo Martín, visitou esta mañá os expositores dos dous maioristas con sede en Sanxenxo, CN Travel e Viajes InterRías, onde mantivo un encontro cos seus responsables, José Fernández e Gustavo Fernández que lle confirmaron a  potente proposta coa que asisten á cita duplicando espazo e atraendo por centos de persoas ao seu stand. Ao longo da intensa mañá, o alcalde mantivo diferentes contactos con alcaldes doutras cidades españolas como Logroño e con empresas interesadas en traer a súa oferta ao municipio. Ademais, esta tarde acudirá á presentación da Deputación de Pontevedra e, á do Salnés "Camiña Comigo".

O mostrador e espazo propio do que dispón Sanxenxo en Fitur está a centralizar toda a información turística do municipio tanto do Concello como das empresas do sector funcionando como un servizo global. Durante a xornada de onte e de hoxe pasaron pola caseta centos de persoas interesándose polo destino e solicitando información do municipio. Cabe lembrar que Sanxenxo acode á cita con catro folletos dedicados a paisaxe, praias, patrimonio e náutica. Ademais, está a realizar un prelanzamento da liña de roupa coa marca Sanxenxo con dous modelos que, ademais de mostrar as pezas, promoven a visita ao stand.

Doutra banda, segue aberto o concurso para participar no sorteo dun total de doce estancias de dúas noites para dúas persoas. Para participar nesta promoción, na que colabora o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, haberá que facerse unha foto nos tótems promocionais do municipio, nao stand ou con algún dos dous informadores da nova liña de roupa de Sanxenxo en Fitur. Esta fotografía terá que ser compartida publicamente en Facebook, Twitter ou Instagram co hashtag #SanxenxoEnFitur2023 e etiquetando a Turismo de Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault