Concello de Sanxenxo - SANXENXO ARRINCA A SÚA PROMOCIÓN COMO DESTINO EN FITUR CON NOVA LIÑA DE ROUPA E PROPOSTA NÁUTICA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



Dous tótems con imaxes do municipio presiden a entrada ao pavillón onde se celebra a cita turística

Sanxenxo arrincou esta mañá a súa promoción como destino na Feira internacional de Turismo en Madrid cunha nova liña de roupa, un novo folleto náutico, así como con dous tótems de entrada con imaxes de Sanxenxo. O alcalde, Telmo Martín, acompañado da tenente de alcalde, María Deza, e unha ampla delegación do sector turístico entre a que se atopa a directiva do CETS, hostaleiros, restauradores e os maioristas con sede en Sanxenxo como son Viajes InterRías e CN Travel.

A feira retoma a normalidade cunha intensa axenda na que Sanxenxo demostrará as súas potencialidades como destino vacacional os 365 días do ano. "É unha cita na que un municipio como Sanxenxo ten que estar e pola que ten que apostar como magnífica ventá promocional", explica o alcalde.

Sanxenxo acode á cita con catro folletos dedicados a praias, patrimonio, paisaxe e, un novo, de náutica que se poden atopar no mostrador propio do que dispón dentro do espazo de Turismo de Galicia. Ademais, dous infornadores encárganse de mostrar na feira a nova liña de roupa coa marca Sanxenxo que se porá á venda proximamente na oficina de turismo e, pola que esta mañá, varios visitantes mostráronse interesados.

Un ano máis, o municipio estará presente en redes a través dun concurso. Unha foto nos tótems promocionais do municipio, no stand ou con algún dos dous informadores da nova liña de roupa de Sanxenxo terá premio en Fitur. Só haberá que subila a Facebook, Twitter ou Instagram co hashtag #SanxenxoEnFitur2023 e etiquetar a Turismo de Sanxenxo para entrar nun sorteo de 12 estancias de dúas noites para dúas persoas no que colabora o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault