Concello de Sanxenxo - SANXENXO INCLÚE A LOITA CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA NO SEU PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo acaba de incluír no seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (Paces) a loita contra a pobreza enerxética como terceiro piar na batalla contra o cambio climático. Dous anos despois da aprobación do plan que ten vixencia ata 2030, froito da iniciativa europea "Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía", o Concello encargou un informe de seguimento no que se revela que o 52% das medidas de mitigación de gases efecto invernadoiro e a adaptación ao cambio climático están xa en marcha.

O Paces expón unha redución das emisións de GEI dun 40% en 2030 con respecto a 2012, cun total de 17 accións de mitigación programadas, cuxo maior esforzo recae no sector residencial. Incide ademais nos sectores municipal, transporte e residuos. Ademais, contempla outras 4 accións específicas de adaptación do municipio fronte aos impactos do cambio climático, no campo da defensa do medioambiente e a biodiversidade e a protección civil.

Por último, outras catro accións, aínda que están incluídas en sectores diversos, teñen un carácter transversal. Tres delas son necesarias para asegurar o correcto desenvolvemento do Plan de Acción, incidindo na organización municipal, concienciación, comunicación e participación cidadá. Unha cuarta, a concienciación na redución do ciclo da auga, procurando unha maior resiliencia do municipio fronte ao cambio climático, á vez que ten un impacto positivo na pegada de carbono da xestión do ciclo da auga.

En maio de 2022, definiuse neste marco a loita contra a pobreza enerxética, como terceiro piar do proxecto do Pacto das Alcaldías. Este avance engadiu a estes requirimentos a necesidade de avaliar a situación do municipio fronte a este reto e expor obxectivos estratéxicos neste campo. Neste primeiro informe de seguimento establécense obxectivos de loita contra a pobreza enerxética e unha medida orientada á súa avaliación antes do ano 2025, de acordo ao novo marco de presentación de informes definido por Covenant of Mayors en maio de 2022. Ademais, introdúcese unha medida clave, consistente na avaliación das situacións de pobreza enerxética no municipio de Sanxenxo, en base á investigación da confluencia dos factores de carestía da enerxía, ineficiencia enerxética da edificación residencial e o baixo nivel de renda dos fogares.

0
0
0
s2sdefault