Concello de Sanxenxo - O CIM LEVARÁ AOS COLEXIOS DE SANXENXO OS TALLERES MULLERES CON CIENCIA CON MOTIVO DO 8-M
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A programación do 8-M chegará aos colexios cos talleres Mulleres con Ciencia para dar a coñecer a través de experimentos a científicas galegas. A actividade está dirixida a nenos e nenas de 1º de Primaria na que se abordará de maneira lúdica contribución á comunidade científica de Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costa.

Unha animadora, caracterizada como científica, presentará de forma lúdica a algunhas das mulleres galegas máis destacadas na historia da ciencia, dando exemplos dos seus logros nos seus respectivos campos e mostrándoas como referentes para as xeracións presentes e futuras promovendo así a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na área científica e tecnolóxica. A actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos polo Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Pacto de Estado.

A presentación se intercalará con experimentos sorprendentes para o alumnado, levándoos a cabo eles e elas mesmas, buscando fomentar o interese pola ciencia, especialmente entre as nenas. Nos últimos minutos, a monitora falará da situación das mulleres na ciencia, achegando datos como que tan só o 20% das persoas científicas en España son mulleres, que a rama STEM é a menos preferida entre as mulleres polos roles establecidos socialmente... e mostrando exemplos e referentes de mulleres científicas galegas como Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costa e a contribución que fixeron á comunidade nos seus respectivos campos de investigación. Mostrando dunha maneira lúdica referentes femininos de éxito e explicitando novas formas de masculinidade posibles.

A actividade desenvolverase o 8 de marzo no CEIP O Telleiro, o CEIP Magaláns e o CEIP Cruceiro; o 9 de marzo ao CEIP A Florida e o CEIP de Nantes e o 10 de marzo, o colexio Abrente e o CEIP de Portonovo.

0
0
0
s2sdefault