Concello de Sanxenxo - O PARKING DE NAUTA ARRINCA O ANO COA MELLOR FACTURACIÓN DE XANEIRO DESDE A SÚA APERTURA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As arcas da empresa municipal recadaron 15.631 euros durante o primeiro mes do ano

O parking de Nauta arrinca o ano con mellor facturación de xaneiro desde a súa apertura cunha facturación de 15.631 euros. Unha cifra que supera a de 2019 (8.610 €), 2020 (14.292 €) e 2022 (14.332 €). En total pasaron polas instalacións 7.209 vehículos cunha media de tránsitos diarios de 233 coches e unha estancia media de 40 minutos. Os días de maior facturación e, por tanto, maior actividade coincidiron nos días 5 no que se recadou 1.330 euros, o 28 con 1.424 euros e o 29 de xaneiro con 1.067 euros. As instalacións dispoñen dun total de 584 prazas repartidas en 206 na planta pública interior, 200 na exterior e outras 178 prazas no parking privado.

Estas boas cifras económicas conséguense mesmo coas dúas horas de estancia gratuítas que o parking Nauta mantén actualmente e desde o ano 2020 para os empadroados no municipio, co obxectivo de facilitar as súas xestións e compras no centro da localidade. A este sistema atópanse xa abonados máis de 3.000 veciños e veciñas.

O parking de Nauta conseguiu estes resultados, a pesar de que no municipio atópanse habilitadas sete parcelas para aparcadoiros disuasorios: dous en Rúa Progreso, un con capacidade para 72 vehículos na confluencia con Cesteiros, e outro, á altura da nova rotonda, para 240 coches; a bolsa de aparcadoiro de detrás da igrexa do Novo Templo con 153 prazas; outro en Constitución con 20 prazas; o que se atopa nunha parcela do Tombo na que poden estacionar ata 240 vehículos; o da Rúa Vigo con 120 prazas e o da parcela do vello mercado con espazo para aparcar 30 coches.

O parking de Nauta é un bo termómetro da actividade económica e turística do municipio.

0
0
0
s2sdefault