Concello de Sanxenxo - O OBRADOIRO DE EMPREGO DE HOSTALERÍA DO SALNÉS XIV CONQUISTA ESTE 14 DE FEBREIRO A 14 PARELLAS CUN MENÚ DESGUSTACIÓN EN FORMATO BRUNHC
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Obradoiro de Hostalería do Salnés conquista nesta XIV edición a 14 parellas cun novo formato. O Brunch, fusión entre o almorzo e o xantar con elaboracións tales como: tosta de salmón afumado con mango e fresa, ovos benedictine con aguacate e salsa holandesa e un sándwich de roast beef como pratos salgados. Para endulzar o padal a Torta Rede Velvet e torta Sacher, todo isto maridado con variedade de cócteles, limonada brasileira, Clover Club e Gin vermello.

Os seguidores das redes sociais do Obradoiro de emprego escolleron parte do menú, un cóctel e unha sobremesa, os favoritos: o cóctel Margarita de zarzamora e o brioche de chía, entre as diferentes elaboracións do alumnado traballador das especialidades de restaurante bar e cociña.
Os asistentes a esta xornada foron os gañadores de varios sorteos lanzados nas redes sociais do obradoiro e algúns colaboradores da escola. O obradoiro de emprego quixo agradecer a súa fidelidade e colaboración con esta invitación ás novas instalacións, sitas na rúa Ourense, 24 de Sanxenxo.

 

Obradoiro de Hostalería do Salnés XIV

0
0
0
s2sdefault