Concello de Sanxenxo - ARRA RECUPERA O SEU ENTROIDO CON CONCURSOS, SORTEOS CHOCOLATE CON CHURROS E CHURRASCO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Arra recuperará o vindeiro martes 21 de febreiro o seu tradicional Entroido. A Asociacion Cultural San Cayetano en colaboración co Concello de Sanxenxo organizará unha xornada lúdica pensada para todos os públicos nos que non faltarán nin os concursos nin a música nin tampouco os xogos tradicionais.

A actividade dará comezo no campo da festa de Arra, a partir das 15:30 horas, con xogos como o da cadeira, a corda, o baile da escoba... Todos os participantes contarán con premio. Tamén haberá inchables e un touro mecánico para nenos maiores e pequenos. A partir das 17:30 horas poderá degustarse chocolate con churros e, un pouco máis tarde, repartirase churrasco entre os asistentes.

A organización premiará o Mellor Disfrace, as Mellores Orellas e a Mellor Parella de Baile. Ademais, sortearase 1 viaxe para catro acodes ao parque Warner Bross de Madrid que inclúe estancia e entradas e unha estancia para dúas persoas nun hotel de catro estrelas con almorzo incluído.

0
0
0
s2sdefault