Concello de Sanxenxo - O DESFILE INFANTIL DE DISFRACES ABRE O PROGRAMA DE ENTROIDO EN SANXENXO CON MÁIS DE 2.000 EUROS EN PREMIOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As inscricións poderán realizarse ata o mesmo día no Club de Xubilados de Sanxenxo, entre as 10:30 e as 11:30 horas

Sanxenxo abrirá a súa programación de Entroido co Desfile Infantil de Disfraces este domingo, a partir das 12 horas. En total repartiranse 16 premios e 2.060 euros. As inscricións poderán realizarse ata o mesmo día na mesa que se situará no Club de Xubilados de Sanxenxo, entre as 10:30 e as 11:30 horas, pero o prazo para os que leven vehículos a motor concluíu este venres ás 14 horas. O desfile sairá do cruce da Avenida Luis Rocafort-Paseo de Silgar e continuará pola Avenida do Porto e a Praza dos Barcos.

Establécense catro categorías: Categoría individual, categoría parella, categoría de grupo de 3 a 10 compoñentes e de grupo de máis de 10. Nas categorías de grupo de 3 a 10 e de grupo de máis de 10 compoñentes, polo menos o 50% dos compoñentes deberán ser menores de 16 anos (nacidos despois do 31 de decembro de 2007). Poderán presentarse a este concurso persoas físicas, persoas xurídicas, asociacións civís debidamente constituídas con carácter previo ou asociacións civís constituídas exclusivamente para participar en concursos e actividades relacionadas coa celebración do Entroido.

A organización prohibe a utilización de calquera clase de lume, xa sexan artefactos pirotécnicos ou lanzadores de chamas e non está permitida a participación de animais vivos.

Os participantes serán valorados polos membros do xurado durante o percorrido do desfile. A puntuación irá de 1 a 5 puntos valorando a orixinalidade, posta en escena e atrezo.

Os premios que se outorgarán serán os seguintes:

Categoría Individual
1º Premio: 100 €
2º Premio: 80 €
3º Premio: 60 €
4º Premio: 40 €
5º Premio: 30 €

Categoría Parella
1º Premio: 120 €
2º Premio: 100 €
3º Premio: 80 €
4º Premio: 60 €
5º Premio: 40 €

Categoría Grupo ( 3 ata 10 compoñentes)
1º Premio: 180 €
2º Premio: 150 €
3º Premio: 120 €

Categoría Grupo ( mais de 10 compoñentes)
1º Premio: 400 €
2º Premio: 300 €
3º Premio: 200 €

0
0
0
s2sdefault