Concello de Sanxenxo - O BULEVAR DE PORTONOVO AVANZA NA SÚA PRIMEIRA FASE COA RENOVACIÓN DE MÁIS DO 50% DAS CANALIZACIÓNS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A empresa comezará a próxima semana coa colocación do bordo da beirarrúa e o hormigonado, previo á colocación do lastro

Os traballos da obra do bulevar de Portonovo avanzan a bo ritmo coa renovación de máis do 50% das canalizacións previstas na primeira fase e co inicio, a partir da próxima semana, do bordo da beirarrúa. Así llo transmitiu o xefe de obra ao alcalde, Telmo Martín, durante unha visita esta semana ás obras. A pesar de que o tránsito peonil e tamén o rodado está garantido de forma segura, o goberno lamenta as molestias que poden ocasionar unha actuación desta envergadura no día a día dos negocios e dos veciños da contorna, pero asegura que o resultado "merecerá a pena e culminará coa humanización do corazón comercial de Portonovo".

O cronograma dos traballos marca xuño como o final desta primeira fase que vai desde o inicio da estrada da Lanzada ata o entroncamento coa Travesía Areal da obra que se volverá a retomar tras o verán para non afectar á actividade turística e comercial. O deseño proxectado tamén inclúe a renovación dos servizos coa instalación das canalizacións subterráneas para o cableado de telefonía e para a electricidade que substituirán os actuais tendidos aéreos e a renovación das redes de abastecemento, saneamento, pluviais e de iluminación pública.

A adxudicataria da obra, Oresa Construción e Servizos Globais, executa a obra por 2.319.460,74 euros, o que supón un baixa respecto ao orzamento base de licitación de 9.315,10 euros cunha ampliación do prazo da garantía de catro anos. O 70% da obra será financiada pola Xunta e o 30% restante polo Concello. A actuación centrarase nun tramo de 810 metros e o obxectivo é conseguir que nesta vía gañen protagonismo as persoas fronte aos vehículos logrando unha mellora na accesibilidade e seguridade viaria.

0
0
0
s2sdefault