Concello de Sanxenxo - A XUNTA DOTARÁ DE DEPARTAMENTOS PARA O SECTOR PESQUEIRO NO PORTO DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A presidenta de Portos de Galicia presentou á Confraría e o Concello o proxecto no que se investirán 450.000 euros para mellorar a ordenación e integración da actividade pesqueira nunha contorna marcadamente turística

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten prevista a licitación do proxecto de implantación de departamentos para usuarios do sector pesqueiro no porto de Sanxenxo. Así o comunicou a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha visita á zona para presentar o proxecto, orzamentado en 450.000 euros, á confraría de pescadores e o Concello.

Lenguas Gil explicou que a proposta prevé 14 departamentos en dúas alineacións, separados por unha rúa e ubicados nunha superficie duns 300 metros cadrados que actualmente está destinada parcialmente a acopio de enseres dos mariñeiros. “O obxectivo desta actuación é dotar ao sector profesional dun espazo para gardar a súas redes, nasas e demais elementos e á vez, xerar un maior orde visual na zona”, engadiu.

Os departamentos que se proxectan serán modulares, con case 19 metros cadrados de superficie, a excepción dun de 26, e non superarán os 3 metros de altura. Serán executados mediante paneis de formigón prefabricado de fácil montaxe e desmontaxe e contarán con porta de acceso de anchura completa e dous ocos circulares para iluminación e ventilación natural.

Finalmente, os novos departamentos estarán provistos de cadro eléctrico, toma de corrente e iluminación LED, ademais de contar con conexión á rede de saneamento e provisión de auga sanitaria, con contador independente.

Gabinete de comunicación da Consellería do Mar

0
0
0
s2sdefault