Concello de Sanxenxo - A FEIRA DE OPORTUNIDADES REGRESA EN SEMANA SANTA Á PRAZA DOS BARCOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de 29 expositores ofertarán unha gran variedade de produtos do comercio local

A Feira de Oportunidades regresará en Semana Santa á Praza dos Barcos con 29 expositores nos que se poderán adquirir produtos do comercio local con importantes descontos que, nalgúns casos, superarán o 70%. O Concello de Sanxenxo colaborará un ano máis con Entretendas na organización da cita sufragando parte da montaxe.

A cita que se desenvolverá entre o 6 e 8 de abril está plenamente consolidada no calendario de actividades do municipio. A entrada será gratuíta e o horario será continuado, de 11 a 22 horas. Entre os produtos que se poderán adquirir atópase calzado, roupa, pel, bixutaría, mel, artesanía, decoración e mesmo un posto de estética onde se poderán realizar tratamentos.

O modelo dos expositores será como en anos anteriores tipo carpa e crece en número de postos debido á alta demanda dos comercios por liquidar xa os artigos da tempada pasada.

Campaña solidaria
Ademais, nesta edición, a Asociación contra o Cancro de Sanxenxo levará a cabo unha campaña de recadación de fondos para a investigación do cancro infantil en colaboración coa churrería Kuki Galiano. Como homenaxe ao pequeno portonovés, Arturo González, falecido por mor da enfermidade o pasado mes de febreiro, a Asociación contra o Cancro encargou 2.000 tazas coas frases que o neno adoitaba dicir: "Te quiero hasta el infinito” e “Te quiero mil y casas y ocho edificios”.Todas as persoas que compren a taza, serán convidados pola churrería a unha ración de chocolate e churros. A campaña comezará en Portonovo o 1 e 2 de abril e trasladarase a Sanxenxo os días que se celebre a Feira de Oportunidades, do 6 ao 8.

0
0
0
s2sdefault