Concello de Sanxenxo - SANXENXO APOSTA UN ANO MÁIS POLA FORMACIÓN PARA COLABORAR NA EDUCACIÓN DAS FAMILIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo contará un ano máis coas xornadas de formación dirixidas a pais e nais organizadas polo Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (CFR) en colaboración coas ANPAs e o Concello. Serán tres as charlas nas que os pais e nais poderán adquirir coñecementos e pautas en diversos ámbitos para a crianza dos seus fillos/as.

A primeira será o próximo 14 de abril e terá como poñente ao licenciado en Psicoloxía e Técnico Superior en Baloncesto, Manuel Santos Nores. Na súa intervención expoñerá o poder de influencia das expectativas das persoas de referencia dos nenos e nenas e o seu potencial positivo na educación. Tamén se abordarán os efectos negativos das expectativas e a súa relación coa frustración. Finalmente facilitará consellos para a correcta xestión das expectativas.

Sara Martín e Claudia Balado, Psicólogas da fundación INGADA (Instituto Galego do TDAH e Transtornos Asociados), serán as encargadas de conducir a segunda xornada formativa que terá lugar o 29 de abril  e nela facilitarán aos pais e nais pautas para axudar aos seus fillos e filla a crear hábitos de traballo e facer una mellor aproveitamento do tempo de estudo e de tarefas escolares.

A edición deste ano rematará coa ponencia de Alejandro Rodrigo, orientador de familias e mestre, autor do libro Como prevenir conflictos con adolescentes publicado no 2021. Na conferencia que terá lugar o 19 de maio realizará un percorrido polos aspectos fundamentais que rodean a prevención e resolución de conflitos con fillos adolescentes e, a partir da interacción cos asistentes, xerará un espazo de reflexión sobre o propio modelo de educación.

Todas as charlas serán as 20 horas realizándose as dúas primeiras no Pazo Emilia Pardo Bazán e a última no CEIP Cruceiro. O Concello de Sanxenxo, coa finalidade de facilitar a todos os pais e nais a asistencia a estas xornadas, ofrece, previa inscrición no teléfono 986 727 936,  servizo de ludoteca para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

0
0
0
s2sdefault