Concello de Sanxenxo - ESCOLARES DO COLEXIO DA FLORIDA VISITAN O CONCELLO DE SANXENXO E PRESENTAN A SÚA COOPERATIVA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas


Alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria do colexio da Florida visitaron esta mañá o Concello de Sanxenxo onde foron recibidos polo alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Educación e Cultura, Paz lago, no salón de plenos. Acompañados das súas titoras e do policía local, Abelardo Martínez, trasladaron algunhas das súas peticións ao alcalde, coñeceron o significado da bandeira de Sanxenxo e presentaron a súa cooperativa. Ademais, rexistraron unha solicitude para poder vender os produtos que elaboran no mercadillo. A actividade enmárcase dentro dun proxecto educativo do centro que inclúe, ademais, rutas para coñecer distintos espazos do municipio a través de xogos e pistas.

0
0
0
s2sdefault