Concello de Sanxenxo - A SALA NAUTA ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “SON (DO VERBO SER)”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A mostra de Uxía Gonzalo Salgueiro e Uxía Caneda Cao poderá visitarse dende o 5 ao 16 de abril

A Sala Nauta acollerá a exposición “Son (do verbo ser” de Uxía Gonzalo Salgueiro e Uxía Caneda, do 5 ao 16 de abril. O Centro de Arte de Sanxenxo colabora na organización desta mostra inmersivaque combina o achegamento ás obras expostas con música creada para cada un dos cadros, así como a experiencia coas texturas, olores, viño e realidade aumentada.

A exposición conta cunha colección de seis cadros que xiran en torno ao recordó e o sentimento de nostalxia, empregando como elementos principais a natureza e a paisaxe das Rías Baixas.

A entrada será gratuita e a visita realizarase mediante pases cunha duración de dez minutos aproximadamente onde a música guiará aos espectadores a través dos cadros.O alumnado do Centro de Arte visitará a mostra o día 12 de abril para coñecer en profundidade a exposición da man das propias artistas.

0
0
0
s2sdefault