Concello de Sanxenxo - O CONCELLO LOGRA 1,9 MILLÓNS DE FONDOS EUROPEOS PARA A CONVERSIÓN DO VELLO COLEXIO DO CRUCEIRO NUN CENTRO SOCIOCULTURAL E UNHA FP DE HOSTALARÍA E TURISMO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A piqueta xa comezou a derrubar o catro edificios da parcela que non son susceptibles de rehabilitación

O Concello de Sanxenxo acaba de lograr 1,9 millóns dos fondos europeos para a conversión do vello colexio do Cruceiro nun centro sociocultural, unha FP de Hostalaría e Turismo e unha biblioteca. O proxecto básico de execución asinado por Irene Campo logrou unha axuda de 1.955.100 € dos fondos europeos enmarcados no Plan Pirep tras lograr unha puntuación de 63,75% sobre 100. O Concello quere apostar pola rehabilitación dun edificio que, aínda que estruturalmente está moi ben, necesita unha profunda mellora que permita ampliar a súa funcionalidade.

A reforma supera os 3 millóns de euros e o Concello xa reservou nos orzamentos deste ano unha partida de 500.000 euros. O proxecto contempla na planta baixa un espazo de 360 metros cadrados que se destinará a edificio sociocultural con cafetaría, escenario, zona de baile, camerino e servizos.
Na planta baixa tamén se instalará a nova biblioteca cunha superficie de 220 metros cadrados. Cada unha destas dependencias ten a súa entrada independente e totalmente accesible. Por encima da planta baixa hai dúas plantas máis cunha superficie de 550 metros cadrados cada unha que se destinarán á FP de Hostalaría e Turismo.
O proxecto tamén prevé a ordenación urbanística de toda a parcela do colexio (4.620 metros cadrados) que disporá de espazos públicos con xardíns e elementos lúdicos, así como unha ampla zona de aparcadoiro.O obxectivo é que o antigo colexio se converta nun equipamento multixeneracional para maiores, estudantes, nenos e familias en xeral.

A piqueta comezou esta mesma mañá a derriba das edificacións dos anos 1956 e 1965 que se atopan en moi mal estado. Coa súa demolición gañarase espazo para, entre outros usos, dotar a Vilalonga de 64 novas prazas de aparcadoiro. Os traballos teñen un prazo dun mes e o seu custo ascende a 48.391 euros.

Cabe lembrar que Sanxenxo xa logrou axudas europeas que suman case catro millóns de euros con proxectos como a segunda fase do Pazo Emilia Pardo Bazán, a senda da Ría de Arousa, a reforma da Telleira e o Pazo de Quintáns.

0
0
0
s2sdefault