Concello de Sanxenxo - O PROGRAMA #A QUÉ XOGAS? CONTRA AS ADICCIÓNS CHEGA A SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A empresa Marexada en coordinación coa Concellería de Servizos  Sociais  do Concello de Sanxenxo pon en marcha unha actividade preventiva #Aquexogas?, dirixida a mocidade no contexto do ocio nocturno. A actividade desenvolverase os días 7 e 8 de abril coincidindo coas datas de Semana Santa e a intervención se realizará entre as dez da noite e as duas da madrugada, para poder achegar a información a un amplo número de xente nova.

"#Aquexogas?" é un programa da Consellería de Sanidade que consiste en ofrecer un punto de información á mocidade incidindo sobre a prevención de condutas adictivas no lecer nocturno. Na intervención realizaranse diferentes dinámicas en torno a 2 eixes fundamentais, que teñen como finalidade a de evitar e reducir o inicio e a consolidación do consumo de sustancias psicoactivas e o impacto das consecuencias e problemáticas que este consumo produce na poboación xuvenil.

As actividades previstas son:

  • Ola, propóñoche un reto! Esta actividade contémplase como un primeiro contacto cos participantes, aos cales se lles proporá un xogo de preguntas tipo Trivial.
  • Antes de consumir, asegúrate do que non sabes. Coa finalidade de verificar información sobre o consumo de substancias psicoactivas e desterrar falsos mitos acerca do mesmo, proponse como dinámica un xogo de preguntas empregando a plataforma Kahoot.
  • A maiores, ao longo da intervención, realizaranse enquisas anónimas para recabar datos estadísticos sobre o consumo de sustancias entre a mocidade galega, distribución de flyers con información sobre diferentes drogas (procedencia, consecuencias, mitos...) e distribución de merchandising cos logotipos do programa (camisetas, pulseiras, chapas...).

As accións realizaránse de maneira itinerante facendo unha ruta por distintas zonas de marcha ou mesmo na entrada e saída dos concertos ou festivais.

0
0
0
s2sdefault