Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REFORMARÁ A OFICINA DE TURISMO DO PORTO DEPORTIVO QUE INCLUIRÁ UN PUNTO DE VENDA DA MARCA SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación que roldará os 40.000 euros mellorará o acceso e a iluminación do local

A oficina de Turismo situada no porto deportivo Juan Carlos I será obxecto dunha reforma que incluirá un punto de venda da marca Sanxenxo. A empresa municipal Turismo de Sanxenxo encargou un proxecto que levará unha actuación que roldará os 40.000 euros que permitirá mellorar o acceso e a iluminación, así como novo mobiliario para albergar os mostrarios de roupa e obxectos.

Mantendo as dimensións e a distribución do actual local intervirase no acceso que se situará na ventá da actual fachada cunha porta motorizada de corredera. Así mesmo, executarase un peche de pladur no pano acristalado onde se sitúa o acceso actual á oficina. Tamén se renovarán os acabados interiores da zona de uso público por uns de maior calidade e confort. A oficina conta con 110 metros cadrados de superficie distribuídos nun aseo, un almacén, dúas oficinas, unha zona para público e un corredor.

Tras o prelanzamiento da liña de roupa baixo a marca Sanxenxo en Fitur, a oficina de turismo converterase en escaparate do novo selo. Gorras, polos, camisetas, sudaderas e bolsos serán os primeiros produtos en chegar á tenda. Algúns dos deseños xa se deron a coñecer na feira de turismo de Madrid cunha gran aceptación por parte do público en xeral.

0
0
0
s2sdefault