Concello de Sanxenxo - O PORTO DEPORTIVO JUAN CARLOS I COLGA O CARTEL DE COMPLETO PARA TODA SEMANA SANTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As embarcacións proceden de puntos próximos do territorio nacional

O porto deportivo Juan Carlos I colga o cartel de completo para toda Semana Santa nos amarres reservados ao tráfico de tránsito, aproximadamente unha vintena. As primeiras embarcacións comezaron xa a entrar o pasado venres na rada e a previsión é manter cheas todas as prazas ata o vindeiro luns. A empresa municipal que xestiona o porto, Nauta Sanxenxo, continúa percibindo o interese crecente polo aluguer de amarres para todo o ano, especialmente de barcos de eslora de máis de 18 metros, é dicir, iates xa dunha certa envergadura e tamaño, aínda que seguen sendo máis numerosos os alugueres de barcos con ata 12 e 15 metros

O porto deportivo de Sanxenxo conta cunha superficie concesional total de 123.222 metros cadrados. As súas instalacións comprenden unha lámina de auga de 90.000 metros cadrados, 450 puntos de amarre e máis de 25.000 metros cadrados de espazo peonil. Aos amarres correspondentes ao aluguer e os que son de carácter anual fixo, súmanse as concesións e os amarres variables para o tránsito de embarcacións. En canto aos ingresos, Nauta Sanxenxo obtivo unha facturación de 2.020.527 euros en 2022 distintos conceptos como mantemento prazas de amarre, tránsitos, combustible, parking, guindastre ou varadero, entre outros. Unha cifra que constata a recuperación da actividade con datos similares aos de antes da pandemia.

Cabe lembrar que a actual concesión de Portos de Galicia vence no 2027 e a súa ampliación ata 2047 permitirá consolidar o porto sanxenxino como un referente na entrada da ría de Pontevedra. Esta prórroga da concesión está vinculada a unha serie de proxectos que redundarán na mellora da fachada marítima de Sanxenxo, como son o proxecto Batea en Terra e a reordenación da lámina de auga, que non suporán custo algún para as arcas municipais.

0
0
0
s2sdefault