Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RECIBE A OFERTA DE NOVE EMPRESAS PARA EXECUTAR O PLAN DE ASFALTADOS NO MUNICIPIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de nove empresas presentaron a súa oferta para executar o plan de asfaltados licitado polo Concello de Sanxenxo por 866.427 euros. Trátase de Construcións Caldevergazo, Construcións E.C. Casas, Construcións Fechi, Covsa, Movementos de áridos e Construcións de Arousa, Narom, Nemesio Ordoñez, Oresa, Construcións e Servizos Globais e Prace, Servizos e Obras. En total realizaranse 16 asfaltados nas sete parroquias que abarcan unha superficie lineal de 5.274 metros e inclúese a limpeza e apertura de cunetas, recrecidos de pozos e pintados. O prazo total previsto para a execución das obras é de 4 meses e serán financiadas co Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Trátase dunha actuación que permitirá mellorar a seguridade viaria destas estradas ao mellorar o seu firme, nalgúns casos notablemente deteriorado, o que dá lugar a situacións de risco e inseguridade para os usuarios. En liñas xerais prevese a extensión dunha capa de rodaxe e unha regulación do firme nos tramos necesarios.

En función das características de cada viario, seguíronse unha serie de pautas de asfaltado e pavimentación para mellorar a capacidade portante do firme. Así, nun total de 10 pistas contempladas no proxecto realizarase un ensanche previo: Telleiro-Talleres Arbón, Salgueira - Arnosa, A Bouza-A Lomba, Carballal, O Santo-Xunqueiriña-Polígono, Paxariñas-Barreira, Canelas, Reis-Cachadelos, Os Cotos-Paradela e A Costa- A Granxa. Outros 3 precisan dun tratamento especial no firme como son as bandas transversais para a redución de velocidade no viario Telleiro-Hotel A Lanzada e dúas sendas peonís, unha entre Telleiro-Talleres Arbón e outra entre Salgueira e Arnosa.

0
0
0
s2sdefault