O médico Carlos Bastida Calvo dará as claves sobre algúns hábitos que contribúen a unha mellor calidade de vida
O salón de plenos do Concello de Sanxenxo acollerá este venres, ás 12 horas, unha charla sobre Envellecemento Saudable co doutor Carlos Bastida. Na actividade, aberta ao público, daranse as claves algúns hábitos que contribúen a unha mellor calidade de vida como o exercicio físico, unha alimentación adecuada e controis periódicos médicos, así como o control de patoloxías previas.
O encargado de dar a charla será o doutor Carlos Bastida que participará na Xornada da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia os próximos 21 e 22 de abril no Hotel Carlos I de Sanxenxo. "Somos un dos países coa esperanza de vida máis alta do mundo e debemos prepararnos para ter a mellor vellez posible", explica Bastida.