Os interesados deben anotarse na Casa Mariñeira de Don Fernando ou no teléfono 986 724 297
A Concellería de Xuventude pon en marcha o taller "Nas túas mans. Aprendendo xuntos, aprendemos todos". Unha actividade interxeneracional coa que voluntarios e voluntarias do programa +Xuventude ensinarán a persoas maiores do municipio a utilizar o teléfono móbil, a computadora e outros dispositivos electrónicos. Os principais obxectivos son aprender sobre tecnoloxía e, ao mesmo tempo, compartir vivencias e experiencias, coñecer a realidade das persoas maiores e as dificultades coa fenda dixital e fomentar as habilidades sociais de comunicación e colaboración.
A actividade será gratuíta e está prevista os xoves de 16 a 17 horas na Casa Mariñeira de Don Fernando. As persoas interesadas deben anotarse no espazo onde se impartirá o taller ou no teléfono 986 724 297.