Concello de Sanxenxo - GONDAR HONRA A SANTO TOMEI E CELEBRA A XIV FESTA DÁ XUVENTUDE CON TRES DÍAS DE ACTIVIDADE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Gondar prepárase para celebrar esta fin de semana a XIV Festa da Xuventude e a tradicional celebración de San Tomé con tres días de actividade. No atrio da capela de Santo Tomé e baixo unha gran carpa terá lugar este venres, 28 de abril, a Festa da Xuventude cun cartel musical que contará a partir das 23 horas coas actuacións en directo de Paco Vulkano, Xacobo DJ, Dumore, Groove Amigos e Dasoul. Durante as festas realizaranse distintos sorteos e a entrada será gratuíta.

A programación continuará o 30 de abril coincidindo coa véspera de Santo Tomé, cunha orquestra a partir das 22:30 horas a cargo de Charleston, o trío 3.com e a sesión disco con JJ Compota.

O luns 1 de maio, día de Santo Tomé, a xornada comezará coa tirada de bombas e alborada a cargo dos grupos de gaitas Os Cruceiros de Vilalonga e da Fanfarria Furruxa. Ás 12:30 celebrarase a misa solemne cantada polo coro parroquial en honra ao patrón, seguida da tradicional procesión e acompañada por Os Cruceiros. Tras a celebración litúrxica, terá lugar a sesión vermú amenizada polo Dúo Prisma. Ás 19 horas, celebrarase o XII Trofeo Festas Santo Tomé de Gondar que enfrontará a solteiros e solteiras contra casados e casadas no campo do Revel.

Punto de información
A empresa Marexada en coordinación coa Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Sanxenxo levará este venres a Gondar no marco da Festa da Xuventude a actividade preventiva "#Aquexogas", dirixida a mozos no contexto do lecer nocturno. Trátase dun programa da Consellería de Sanidade que consiste en ofrecer un punto de información á mocidade incidindo sobre a prevención de condutas adictivas no lecer nocturno. Na intervención realizaranse diferentes dinámicas ao redor de 2 eixos fundamentais, que teñen como finalidade a de evitar e reducir o inicio e a consolidación do consumo de sustanciad psicoactivas e o impacto das consecuencias e problemáticas que este consumo produce na poboación xuvenil.

0
0
0
s2sdefault