Concello de Sanxenxo - SANXENXO MANTÉN O SEU LIDERADO NACIONAL CON 17 BANDEIRAS AZUIS EN PRAIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O porto deportivo Juan Carlos I, o Real Club Náutico de Sanxenxo e o Club Náutico de Portonovo tamén conseguiron o distintivo

Sanxenxo volve un ano máis a revalidar o seu liderado nacional en bandeiras azuis cun total de 17 distintivos en praias cos que avala o seu compromiso coa calidade e a esixencia. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) deu a coñecer esta mañá a relación de praias, portos e centros azuis galardoados no territorio nacional. Sanxenxo suma 4 insignias máis no Real Club Náutico de Sanxenxo, o Club Náutico de Portonovo, o porto deportivo municipal Juan Carlos I e o Centro Azul da Telleira.

A bandeira azul ondeará nas praias da Lapa, Area de Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Espiñeiro, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira e Silgar.
O alcalde, Telmo Martín, destacou onte "a satisfacción por continuar sendo o municipio español con máis bandeiras azuis en praias e tamén en sendeiros. Somos unha potencia turística e temos que seguir apostando pola mellora continua da seguridade e dos servizos en praias".

0
0
0
s2sdefault