Concello de Sanxenxo - SANXENXO INCREMENTA A PARTIDA PARA AS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Terra de Sanxenxo saca a licitación a subministración de bens de primeira necesidade por 155.131 euros por un período de catro anos

O Concello de Sanxenxo, a través do organismo autónomo Terra de Sanxenxo, acaba de sacar a licitación a subministración de bens de primeira necesidade para axudas de emerxencia social por 155.131 euros por un período de catro anos cun incremento do 6,8%. A finalidade das axudas é dar resposta inmediata ás situacións puntuais de necesidade, xeradas por emerxencia individual ou familiar, derivadas de gastos específicos de carácter básico, como son a alimentación ou a hixiene persoal e do fogar.

Para garantir a inmediatez das mesmas é preciso contratar cun supermercado do municipio a adquisición dos produtos de primeira necesidade, de hixiene persoal e do fogar e alimentos, como son: carne e peixe, froita, verdura e legumes, pasta, arroz e pan, lácteos, aceites, produtos de charcutería, cereais, conservas, produtos infantís de aseo e alimentación, produtos de aseo persoal e de limpeza do fogar.

O contrato terá unha duración de dous anos e poderá ser prorrogado por dous anos máis, establecéndose unha duración máxima do contrato de 48 meses.
As empresas destinatarias son superficies comerciais subministradoras de alimentos e produtos de limpeza. Será necesario un sistema tipo "tarxeta prepago ou similar" que garanta o anonimato da persoa usuaria, evitando a súa estigmatización e favorecendo a integración social das persoas desfavorecidas.

0
0
0
s2sdefault