Concello de Sanxenxo - SANXENXO ESTABLECE CONTACTOS PARA ATRAER TURISTA AMERICANO E DEPORTIVO NOS WORKSHOPS DE MÁLAGA E MADRID
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo promociónase como destino en dous workshops de Málaga e Madrid establecendo contactos con axencias especializadas na organización de viaxes de turista americano e turista deportivo. Na actividade, organizada polo Clúster de Turismo e Turismo de Galicia en colaboración con Viaxes InterRías, participan varios hoteis do municipio como o Gran Talaso Hotel Sanxenxo, o Hotel Carlos I Silgar e o Hotel Spa Nanín Praia, así como o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo e a empresa Viaxes InterRías.

A coordinadora de Turismo, Romina Fernández, mantivo contacto con varias axencias de viaxes que se mostraron interesadas polo destino de Sanxenxo, mesmo por realizar un programa sobre o municipio nunha televisión local malagueña. Tamén se detectou un interese crecente do turista americano por Galicia, como así o constatou unha das axencias encargada de realizar paquetes de viaxes a turistas americanos, e onde Sanxenxo podería encaixar pola súa oferta turística. Tamén a oferta náutica resultou moi atractiva nestas xornadas para paquetes de viaxes experienciales.

Sanxenxo sorteou ademais dúas estancias con cea para dúas persoas durante estes workshops nos que participaron máis dun centenar de axencias. Na presentación realizouse unha cea degustación elaborada polo Restaurante Meloxeira

0
0
0
s2sdefault