Concello de Sanxenxo - SILGAR CONVÉRTESE ESTE FIN DE SEMANA EN ESCENARIO PARA AS PROBAS DO X CAMPIONATO DE ESPAÑA MÁSTER DE SALVAMENTO E SOCORRISMO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A cita, que terá lugar o 19, 20 e 21 de maio, baterá marca de participación con 189 inscritos de once comunidades

A praia de Silgar converterase en escenario das probas do X Campionato de España Máster de Salvamento e Socorrismo que terá lugar os días 20 e 21 de maio. Un día antes, mañá, as probas de piscina celebraranse en Caldas de Reis, na Piscina Municipal Antía García Silva. A cita que presentouse esta mañá en Silgar co concelleiro de Deportes, Daniel Arosa; o presidente do Club Acuático Umia, Rubén Monteagudo, e o director da Federación Española de Salvamento e Socorrismo, José Miguel Rodríguez, bateu unha nova marca de participación con 189 inscritos de once comunidades autónomas.

O número de socorristas inscritos supera en quince os 174 da pasada edición, que se disputou en Cantabria, que era ata agora a que máis participación conseguira. Esta competición leva tres tempadas batendo a súa marca, xa que na de 2021, que tivo lugar en Durango (Bizkaia), situouse na súa cifra máxima ata entón, coa presenza de 166 deportistas.

En conxunto, participarán 104 equipos encadrados en trinta clubs, cunha presenza por territorios que encabeza Galicia, con 56 socorristas, o que supón o 29,63 por cento do total, seguida da Comunidade de Madrid (34 e 17,99 %), Cantabria (33 e 17,46 %), Comunidade Valenciana (23 e 12,17 %), Castela e León (15 e 7,94 %), Canarias (11 e 5,82 %), Castela-A Mancha (7 e 3,7 %), Aragón (4 e 2,21 %), Rexión de Murcia (3 e 1,59 %), Cataluña (2 e 1,06 %) e Estremadura (1 e 0,53 %).

Haberá presenza de socorristas en todos os tramos de idade nos que se divide a categoría, e con participantes masculinos e femininos en todos menos en master 35-39, 65-69 e +70, nos que unicamente haberá socorristas masculinos.

En global, inscribíronse 133 deportistas masculinos, o que supón en 70,37 por cento do total, e 56 femininas, que é o 29,63 por cento.

O tramo que máis socorristas ten é o de 50-54, con cincuenta, seguido do de 45-49, onde se inscribiron 42 e o de 55-59 onde hai trinta.

O X Campionato de España Máster de Salvamento e Socorrismo conta co apoio de lso concello de Sanxenxo e Caldas de Reis, a Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra, a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia e o Club Acuático Umia.

Toda a competición será retransmitida en directo a través de RFESSMedia, a televisión multidispositivo do salvamento e socorrismo español que foi vista desde a súa posta en marcha en setembro de 2021 en 110 países de todos os continentes e que, ao longo desta tempada, en que se emitiron todas as competicións, ten visualizacións en 86 países de todo o mundo.

0
0
0
s2sdefault