Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 17 ENTIDADES DEPORTIVAS E UN DEPORTISTA INDIVIDUAL OPTAN Á LIÑA DE AXUDAS MUNICIPAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de 17 entidades deportivas e un deportista individual optan á liña municipal de axudas dotada con 100.000 euros na tempada 2021/2022. O prazo para tramitar a subvención concluíu o pasado xoves día 18. O comité de valoración reuniuse esta mesma mañá para analizar as solicitudes e realizar a pertinente petición de documentación aos interesados que dispoñen dun prazo de subsanación de 10 días.

As axudas divídense en dúas liñas: para asociacións e entidades deportivas relacionadas con gastos federativos, vestimenta, transporte manutención e aloxamento, gastos relacionados co material deportivo non inventariable, salarios e cotas da seguridade social e produtos básicos de farmacia; e para deportistas individuais, gastos de manutención e aloxamento, de desprazamento e de inscrición nas competicións.

O Concello xa reservou unha partida de 100.000 euros. Deles, 10.000 repartiranse entre deportistas individuais e 90.000 entre asociacións deportivas. Con carácter xeral as axudas a clubs serán dun máximo de 15.000 euros e un mínimo de 500. En caso de deportistas individuais o importe máximo por desprazamento será de 2.000 euros. Estas subvencións son compatibles con outras axudas sempre que o importe non supere o importe 100 % do custo da actividade.

Entre os criterios de valoración atópanse o número de licenzas federativas masculinas menores de 16 anos e o de licenzas federativas femininas, o ámbito de competición do equipo de referencia e dos equipos de base, as licenzas de deporte adaptado e os adestradores titulados con licenza federativa.

0
0
0
s2sdefault