Concello de Sanxenxo - SANXENXO VOLVERÁ A ADIANTAR AO PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE XUÑO O SEU SERVIZO DE SOCORRISMO EN AREAS, SILGAR, CANELAS E MONTALVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os efectivos de vixilancia estarán venres, sábado e domingo en horario ininterrompido, de 12 a 20 horas

Sanxenxo adianta, por segunda vez, ao primeiro fin de semana de xuño o seu servizo de socorrismo en Areas, Silgar, Canelas e Montalvo. Os efectivos de vixilancia estarán en horario ininterrompido de 12 a 20 horas. O goberno acordou adiantar este servizo como tamén o fixo co balizamento, por primeira vez, a pasada Semana Santa. A decisión enmárcase dentro da súa estratexia de mellora continua dos servizos e para dar resposta aos numerosos bañistas que gozan destes areais xa desde principios do mes de xuño.

A partir do 15 de xuño, os efectivos de salvamento estenderanse a un total de seis praias todos os días da semana. Así, a Areas, Silgar, Canelas e Montalvo sumaranse Foxos e O Espiñeiro-A Lanzada. Desde o 1 de xullo e ata o 15 de setembro, o servizo ampliarase ao resto de areais cunha franxa horaria maior en Silgar. En total serán 80 persoas as que conformen o servizo de vixilancia.

Deste xeito, Sanxenxo anticipa a tempada estival dando resposta a unha demanda cada vez máis crecente de visitantes. As zonas de baño das 17 praias de bandeira azul xa se atopan desde esta semana balizadas e as canles de nado entre Silgar, Baltar e Canelas xa está operativas. A próxima semana prevese comezar coas obras de mantemento das praias que este ano contan cun orzamento que rolda os 52.000 euros.

O resto de servizos como os quioscos nas praias de Areas, Silgar, Baltar, Canelas, Paxariñas, Foxos, Montalvo, Pragueira e Major prorróganse do mesmo xeito que o parque acuático de Baltar e as actividades de surf e paddle surf. A limpeza nos baños das praias volverá ser un verán máis cada hora e media, unha frecuencia que se impuxo co Covid e que o Concello decidiu manter como garantía sanitaria e de limpeza.

0
0
0
s2sdefault