A cita levarase a cabo desde o 15 de xullo ao 27 de agosto no Paseo de Baltar
A Asociación Galega de Artesáns organizará por segundo ano consecutivo a Feira de Artesanía de Portonovo "O feito a man" tras resultar adxudicataria da autorización administrativa. A cita levará en 225 metros cadrados do Paseo de Baltar desde o 15 de xullo ao 27 de agosto co modelo que se implantou o pasado ano. As bases do concurso recollen que a firma que resulte encargada da organización, xestión e explotación da cita poida ser prorrogada ano a ano ata 2026.
Esta proposta, baseada nos produtos de proximidade e de elaboración personalizada con obxectos únicos e de calidade, está pensada para que supoña un reclamo turístico que non leve unha competencia para o comercio local. O horario da feira será de 19 horas a 24 horas todos os días da semana. Os xoves, sábado, domingos e festivos abrirán tamén de 12 a 14 horas.
As bases do concurso recollen que a firma que resulte encargada da organización, xestión e explotación da cita poida ser prorrogada ano a ano ata 2026.
Os expositores da feira deberán dispor dun carné de artesán en vigor expedido pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo ou doutra comunidade de acordo coa lexislación vixente e dispor de produción propia para atender a demanda prevista durante a feira. Ademais, as bases recollen de forma expresa a prohibición de venda de alimentos e a revenda de produtos.
As casetas terán unha dimensión de 3x2 metros coa opción de participacións agrupadas cun espazo dobre. Ampliarase a zona do paseo para aumentar o espazo de circulación dos visitantes.