Concello de Sanxenxo - O PLAN DE ASFALTADOS ARRINCA EN BALTAR COA RÚA DA INFANTARÍA DA MARIÑA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos trasladaranse mañá a Sanxenxo ás rúas Alexandre Bóveda, Poetas Galegos, Ricardo Santos e Avenida Emilia Pardo Bazán

O plan de asfaltados arrincou esta mañá na Rúa da Infantaría da Mariña en Baltar co fresado e reposición do firme. A empresa concesionaria dos traballos, Marconsa, continuará mañá na contorna do colexio da Florida co asfaltado de Alexandre Bóveda, Poetas Galegos,Ricardo Santos e Avenida Emilia Pardo Bazán. Estes traballos obrigarán a cortar o tráfico rodado nestes viarios desde as 7 horas de mañá e ata o venres que se prevé conclúa a actuación neste punto. A Policía Local acordou cos condutores dos autobuses escolares un punto para deixar e recoller ao alumnado de forma segura durante estes dous días.

En total realizaranse 16 asfaltados nas sete parroquias que abarcan unha superficie lineal de 5.274 metros e inclúense a limpeza e apertura de cunetas, recrecidos de pozos e pintados. O prazo total previsto para a execución das obras é de 4 meses e serán financiadas co Plan Concellos da Deputación de Pontevedra por un importe de 862.095,00 euros.

Trátase dunha actuación que permitirá mellorar a seguridade do viario destas estradas ao mellorar o seu firme, nalgúns casos notablemente deteriorado, o que dá lugar a situacións de risco e inseguridade para os usuarios. En liñas xerais prevese a extensión dunha capa de rodaxe e unha regulación do firme nos tramos necesarios.

En función das características de cada viario, seguíronse unha serie de pautas de asfaltado e pavimentación para mellorar a capacidade portante do firme. Así, nun total de 10 pistas contempladas no proxecto realizarase un ensanche previo: Telleiro-Talleres Arbón, Salgueira Arnosa, A Bouza-A Lomba, Carballal, Ou Santo-Xunqueiriña-Polígono, Paxariñas- Barreira, Canelas, Reis-Cachadelos, Os Cotos-Paradela e A Costa- A Granxa. Outros 3 precisan dun tratamento especial no firme como son as bandas transversais para a redución de velocidade no viario Telleiro-Hotel A Lanzada e dúas sendas peonís, unha entre Telleiro- Talleres Arbón e outra entre Salgueira e Arnosa.

0
0
0
s2sdefault