Concello de Sanxenxo - CONCELLO E ARCEBISPADO ASINAN UN CONVENIO DE CESIÓN DE USO PARA LICITAR A REMODELACIÓN DO CAMPO DE FESTAS DE DORRÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O prazo de vixencia do acordo é de 29 anos con posibilidade de sucesivas prórrogas

Tras unha longa negociación, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín e o párroco, Jose Ricardo Vidal, asinaron esta mañá en Alcaldía o convenio de cesión de uso para poder licitar a remodelación do campo de festas de Dorrón cunha superficie de 1.407 metros cadrados. Un documento co que se supera o último escollo para poder licitar a obra e recuperar o espazo que nestes momentos está moi degradado. O prazo de vixencia do acordo é de 29 anos con posibilidade de sucesivas prórrogas se ambas as partes están de acordo.

O proxecto, que porá en valor este espazo da parroquia para o goce dos veciños, rolda un orzamento de 200.000 euros. O obxectivo desta obra é potenciar o valor paisaxístico e natural da contorna, destacando ademais a súa función como miradoiro sobre o val e a costa, así como a súa alameda formada por carballos coa mellora dos espazos de estancia e descanso.

No marco deste convenio, fíxanse, entre outras, as seguintes condicións:

  • A superficie do campo de festas deberá ser de xabre-cemento ou grava, pero en ningún caso poderá empregarse asfalto ou material semellante. Inicialmente, no proxecto estaba previsto un chan de granito que substituiría o actual chan de asfalto.
  • O palco debe resituarse ao fondo da parcela, mantendo polo menos unha distancia de metro e medio do carballo que hoxe se atopa no medio do palco.
  • As bancadas ennobleceranse tal e como estaba previsto no proxecto con madeira tratada ou material que non desentone coas características do campo, pero sen que poida procederse á súa derriba.
  • O muro de contención que pecha o campo de festas deberá ser adecentado, respectando a capela existente de uso exclusivo da Igrexa.
    Ademais, incluirase un estudo sobre o estado dos carballos da actual alameda como un ben natural a protexer.
0
0
0
s2sdefault