Concello de Sanxenxo - O AVANCE NA TRAMITACIÓN DOS ÁMBITOS URBANÍSTICOS DE SANXENXO ACELERA A APERTURA DO NOVO VIARIO PARALELO Á RÚA PROGRESO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A nova rúa, prevista no PXOM, é de dobre sentido e permitirá o desconxestionamento do tráfico no centro da vila

O desenvolvemento dos tres ámbitos urbanísticos (PEI 15, PEI 16 e PEI 17) situados por detrás do templo novo de Sanxenxo e as súas inmediacións levará consigo a urbanización dese espazo e a apertura dun viario de dobre sentido que funcionará como alternativa viaria á Rúa Progreso desconxestionando o tráfico rodado no centro da vila. Os tres plans especiais reactiváronse xa hai meses e experimentaron un gran avance na súa tramitación o que achega a apertura deste novo viario, previsto no PXOM. A nova rúa será de dobre sentido e cunha superficie total de 6.919,55 metros cadrados.

O PEI 15 xa conta con todos os trámites aprobados, o PEI 17 xa conta coa aprobación inicial e, precisamente, esta semana entrou o PEI-16 para a súa tramitación ambiental estratéxica ante a Consellería de Medio Ambiente. As urbanizacións deste tres ámbitos suporán ademais unha mellora con espazos e prazas de aparcadoiro en liña.

Cabe lembrar que o PEI-17, situado na zona posterior do templo novo reactivouse en 2021, tras quedar paralizado en 2006, coa firma da novación do contrato de compravenda das 3 parcelas ao Arcebispado. En total trátanse de 3 terreos de 2.144 m2, 280 m2 e 4.168 m2.

O PEI 17 contempla 50 vivendas para xoves, 1.566 m2 de zonas libres verdes públicas, un novo viario de 1.858 m2, 31 prazas de aparcadoiro públicas e 50 árbores. No documento estímase que o custo total da urbanización roldaría os 500.000 euros. Á espera de quen se decida que promova as vivendas, Xunta ou Concello, o obxectivo é sumar ás VPO que xa existen no municipio, en Baltar e en Progreso, esta nova bolsa que podería acoller ata 50 vivendas para xoves.

0
0
0
s2sdefault