Concello de Sanxenxo - O PLENO DÁ LUZ VERDE Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DE CONTAMINACIÓN ACÚSTICA PARA PERMITIR ACTUACIÓNS EN VIVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A norma permitirá agora seis concertos en directo ao ano a cada establecemento público

O salón de plenos do Concello de Sanxenxo acolleu o pasado venres un Pleno extraordinario para abordar a modificación da ordenanza de contaminación acústica para permitir actuacións en vivo nos establecementos públicos. A portavoz do goberno, María Deza, explicou que se trata de dar amparo legal a unha actividade que se vén demandando desde hai xa tempo actualizando o texto municipal. Con esta modificación na norma estará permitido 6 actuacións ao ano dentro do horario permitido a cada establecemento, tal e como permite a Lei de Espectáculos de Galicia. A modificación foi aprobada por unanimidade.

Durante a sesión tamén se aprobou o cambio de porcentaxe na proposta plurianual do gasto para o novo mercado de abastos de Sanxenxo. O proxecto que saíu a licitación hai unha semana por 2,4 millóns de euros executarase en dúas anualidades. Na primeira anualidade está prevista un investimento dun millón de euros achegados desde a Xunta de Galicia e executarase en 2023. A segunda realizarase en 2024 con case 1,4 millóns de euros. O Pleno deu luz verde a este cambio cos votos a favor do PP e SAL, mentres que Cidadáns abstívose e o BNG e o PSOE votaron en contra.

A primeira fase do mercado inclúe o soterramento do tráfico dun tramo da Rúa de Madrid cun aparcadoiro con 32 estacionamentos e unha gran praza. O goberno galego financiará as intervencións achegando 1 millón de euros e o Concello licitará, executará os traballos e achegará o investimento restante, algo máis de 1,3 millóns. Trátase de xerar un espazo e amplialo para o peón, pero sen perder a funcionalidade rodada que se necesita.

O obxectivo é a humanización da contorna da praza de abastos mediante o soterramento do tráfico na Rúa de Madrid e ata a súa intersección coa estrada autonómica PO-308, que une Pontevedra coa Lanzada. Esta primeira fase está previsto que poida comezar en setembro tras o parón do verán.

0
0
0
s2sdefault