Concello de Sanxenxo - A ELITE DO JUDO NACIONAL DÁSE CITA EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, saudou esta mañá ao actual campión do mundo, Fran Garrigós e ao resto de equipos

Sanxenxo acolle desde hoxe e ata mañá domingo o vixésimo segundo Congreso de Profesores de Judo no Hotel Carlos I Silgar. O alcalde, Telmo Martín, saudou esta mañá ao actual Campión do Mundo Absoluto, Fran Garrigós, así como ao presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e o presidente da Federación Española de Judo, Juan Carlos Barcos, así como ao resto de deportistas que asisten á cita. Un total de 150 deportistas de alto nivel participarán esta noite na gala de entrega de premios aos mellores deportistas de 2023.

O alcalde destacou a "disciplina e o tesón" como un dos éxitos de calquera deporte, pero destacou os valores do judo e felicitou a Garrigós polos logros conseguidos ata o momento como cuarto español en conquistar a medalla de ouro nun Mundial de judo. Únese ás campioas olímpicas Miriam Blasco (1991) e Isabel Fernández (1997), e a Niko Shera (2018, 2021).

Foi campión do mundo júnior en 2014, chegaba como vixente campión de Europa (2021, 2022). O judoca español xa lograra unha medalla de bronce no Mundial de 2021, e agora sobe todo o máis alto. Esta medalla de ouro no Mundial de judo 2023 únese no palmarés de Fran Garrigós ao bronce logrado en 2021, o cinco medallas en Europeos (incluído o ouro en 2021 e 2022), as dúas pratas en World Masters (2017, 2019), un ouro en Grand Slam (2016) e dous en Grand Prix (2017, 2019). O próximo gran obxectivo son os Xogos Olímpicos de París 2024.

0
0
0
s2sdefault