Concello de Sanxenxo - SANXENXO RECOLLE NA PRAIA DE VALCOVO, ARTEIXO, AS BANDEIRAS AZUIS PARA 17 PRAIAS E OS SEU TRES PORTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O municipio mantense, un ano máis, como líder nacional en bandeiras azuis en praias

A aposta pola calidade de Sanxenxo volveu quedar hoxe patente en Arteixo. A praia de Valcovo foi o areal elixido para recoller as bandeiras azuis das súas 17 praias, dos seu tres portos e do Centro de Interpretación da Telleira. Ao acto que estivo presidido por Alfonso Rueda asistiron a alcaldesa en funcións, Maria Deza e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, así como a concelleira de Facenda, Paula Martínez, que recolleu a bandeira do porto Juan Carlos I. Ademais, como representantes do Real Club Náutico de Sanxenxo recolleu a insignia Carlos Agra e do Club Náutico de Portonovo fíxoo o seu presidente, Javier Ruiz de Cortázar.

O municipio mantense un ano máis como líder nacional en bandeira azuis en praias. Un distintivo que ondeará este ano en: A Lapa, Area de Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Espiñeiro, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira e Silgar.
O esforzo económico e de persoal que dedica anualmente Sanxenxo ás súas praias roldan os 1,2 millóns de euros. Un investimento que permite mellorar os servizos e garantir a seguridade nas súas praias.

Cabe lembrar que desde o pasado 2 de xuño un total de 16 socorristas vixiaron durante as fins de semana, de 12 a 20 horas, as praias con máis afluencia de Sanxenxo: Areas, Silgar, Canelas e Montalvo. Fixérono como unha mellora da calidade do servizo e como unha aposta pola seguridade nos areais. O servizo de vixilancia durante estes dous fins de semana saldouse con 109 atencións de distinto tipo, ningunha de gravidade. Así, déronse un total de 73 avisos por incumprimento de ordenanza, atendéronse a 12 menores por picaduras e realizáronse 3 avisos por perigo a bañistas, entre outras incidencias.


O goberno acordou adiantar este servizo como xa fixo en 2022 como tamén o fixo co balizamento, por primeira vez, a pasada Semana Santa.

A partir do próximo xoves, 15 de xuño, os efectivos de salvamento estenderanse a un total de seis praias todos os días da semana. Así, a Areas, Silgar, Canelas e Montalvo sumaranse Foxos e O Espiñeiro-A Lanzada. Desde o 1 de xullo e ata o 15 de setembro, o servizo ampliarase ao resto de areais cunha franxa horaria maior en Silgar. En total serán 80 persoas as que conformen o servizo de vixilancia.

Deste xeito, Sanxenxo anticipa a tempada estival dando resposta a unha demanda cada vez máis crecente de visitantes. As zonas de baño das 17 praias de bandeira azul xa se atopan balizadas e as canles de nado entre Silgar, Baltar e Canelas xa está operativas.

0
0
0
s2sdefault