Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACOLLE O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PESCA SUBMARINA CON 47 DEPORTISTAS DE ONCE COMUNIDADES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A proba que se celebrará este sábado e domingo terá lugar entre Punta Festiñanzo-Punta Faxilda e entre Punta Faxilda- Illote Pombeiro

Sanxenxo acolle esta fin de semana, por primeira vez, o Campionato de España de Pesca Submarina con 47 deportistas de once comunidades coa colaboración do Concello de Sanxenxo. Os participantes levan xa máis de quince días estudando os fondos mariños das zonas nas que se disputarán as dúas xornadas, Punta Festiñanzo-Punta Faxilda e Punta Faxilda-Illote Pombeiro. O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, e o secretario do Club Sotavento, Héctor Costa, presentaron esta mañá o campionato no salón de plenos.


A proba desenvolverase entre as 9 e as 14 horas. Unha vez realizadas as capturas deberán ser levadas á zona de pesada situada na zona do porto. Premiarase o número de especies diferentes, a cantidade e o peso. Haberá un tope de capturas por especie fixada na competición deportiva. Todas as capturas realizaranse con pesca selectiva e serán doadas a bancos de alimentos.
O campionato que contará con categoría feminina e masculina reunirá a destacados nomes da pesca submarina como Jacobo García, veciño de Aios e cinco veces campión galego; o andaluz David Montero ou os asturianos Antonio Linares e Santiago López. Na categoría feminina destacan a balear Magdalena Sart, a vasca Yaiza Romeu, a cántabra Almudena Calvo ou as galegas Sandra Osorio, Isabel Arroio, Soraya Hermida e Belén Díaz.

0
0
0
s2sdefault