Concello de Sanxenxo - SANXENXO PON FIN A UN MANDATO POLÍTICO NUN PLENO DE TRÁMITE MARCADO POLAS DESPEDIDAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A toma de posesión da nova Corporación poderá seguirse vía streaming pola canle de youtube do Concello de Sanxenxo

Sanxenxo puxo esta mañá fin a un mandato político nun Pleno extraordinario de trámite no que se aprobaron as actas de anteriores sesións e que estivo marcado polas despedidas dos concelleiros que xa non seguirán na próxima Corporación municipal. No PP non seguirán Jaime Leiro, Daniel Arosa, Flavia Besada e Óscar Vilar. Tampouco estarán a portavoz de Cidadáns, Vanesa Rodríguez, a nacionalista Sandra Fernández e a socialista Marta Caneda.


Sanxenxo celebra este sábado o Pleno de Investidura e Constitución da nova Corporación Municipal. A sesión será ás 12:30 horas no salón de plenos do Concello e na mesma tomarán posesión das súas actas os concelleiros elixidos nas municipais do 28 de maio.
A Corporación Municipal de Sanxenxo está formada por 17 membros: Dez concelleiros do PP, catro do PSOE e tres do BNG. Desta forma, o goberno estará formado polos representantes do Partido Popular que obtiveron a maioría absoluta, polo que o seu candidato, Telmo Martín, será proclamado, de novo, alcalde de Sanxenxo para o próximos catro anos.


Segundo a orde do día, primeiro constituirase a mesa de idade e comprobaranse as credenciais dos concelleiros electos que, a continuación, prometerán ou xurarán os seus cargos. Unha vez se declare constituída a Corporación, elixirase o alcalde que tomará posesión do cargo. O Pleno concluirá coa intervención do alcalde.

0
0
0
s2sdefault