Concello de Sanxenxo - SANXENXO REFORZA O SEU PERSOAL DA POLICÍA LOCAL CON 30 AUXILIARES E CON AXENTES DOUTROS MUNICIPIOS ESTE VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O municipio adianta a súa tempada alta a xuño co reforzo e a posta en marcha de novos servizos

Sanxenxo aposta, un ano máis, por adiantar os servizos de tempada alta prestando especial atención á seguridade cidadá e ao tráfico. Esta mesma mañá incorporáronse ao persoal da Policía Local de Sanxenxo 15 auxiliares que permanecerán no servizo ata o 15 de setembro e outros 15 sumaranse o 1 de xullo ata o 30 de setembro.
O obxectivo deste reforzo é garantir a seguridade durante a tempada estival na que Sanxenxo multiplica a súa poboación por cinco. Ademais, durante as fins de semana as quendas de noite contarán co apoio de axentes desprazados doutros puntos da comarca do Salnés grazas a un acordo de colaboración entre concellos.


A Policía Local de Sanxenxo está operativa as 24 horas e os 365 días do ano cun persoal que rolda a vintena de axentes, pero durante o verán é preciso a ampliación do servizo para dar resposta ao crecemento exponencial da poboación. A xefa da Policía Local, Luisa Fariña, destaca que este verán se reforzarán os controis de tráfico nos distintos puntos do municipio.
En canto ao servizo de Emerxencias Sanxenxo, que conta cun persoal de 12 traballadores de forma continua, desde o 1 de xullo e ata o 30 de setembro, reforzarase con tres novos efectivos. Con esta ampliación do persoal tamén se busca dar resposta á participación en extinción de incendios frecuentes durante o verán.


Doutra banda, desde hoxe o servizo de socorrismo estará de forma continuada de 12 a 20 horas, nas praias de Areas, Silgar,Canelas e Montalvo e tamén as fins de semana en Foxos e O Espiñeiro-A Lanzada. A partir do 1 de xullo esténdense ao resto de praias con bandeira azul cunha franxa horaria maior en Silgar dunha hora.

0
0
0
s2sdefault