Concello de Sanxenxo - A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO DE SANXENXO REALIZARÁ UN DESFILE SOLIDARIO NO REAL CLUB NÁUTICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os donativos recadados coa cita irán destinados á investigación da enfermidade

A segunda planta do Real Club Náutico de Sanxenxo converterase mañá, a partir das 20 horas, nunha pasarela de moda na que poderán verse as últimas tendencias en roupa e calzado de tendas con selo de Sanxenxo. A cita, con fins solidarios, organizada pola Asociación Española contra o Cancro de Sanxenxo busca recompensar a todos aqueles establecementos que colaboran ao longo do ano co colectivo.

En total participarán 12 establecementos de distintos sectores que permitirán ata nove pases diferentes: Eolo, Los pies de Nala, Alma, Charlotte, Ohana, O Faiado da loba, Mosqui, Noelia Peña, Babuchas Sanxenxo, Sensualitissé, Eventos Nova. A entrada é gratuíta, pero poderase realizar un donativo que irá destinado á investigación da enfermidade. As modelos e os modelos son veciños e veciñas que queren colaborar coa asociación. O desfile estará presentado por Merchy Treviño que tamén protagonizará unha actuación musical.

0
0
0
s2sdefault