Concello de Sanxenxo - O NOVO GOBERNO DE SANXENXO TERÁ UN CUSTO ANUAL DE 326.000 EUROS, UN 18% MÁIS QUE EN 2019
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A subida do IPC, calculada en torno ao 12%, supón un incremento real do conxunto salarial do 6%

O novo goberno de Sanxenxo terá un custo anual de 326.000 euros, o que supón un 18% máis que no mandato anterior. Nesta subida inclúese o IPC, en torno ao 12%, polo que o incremento real do conxunto salarial sitúase no 6%.

Na composición do novo executivo haberá nove dedicacións parciais e unha exclusiva que recaerá na Concellería de Medio Ambiente, Mantemento e Servizos dirixida por Yago Torres cun salario de 38.600 euros anuais. Na repartición de salarios do novo goberno, o alcalde cobrará 57.600 euros; María Deza, á fronte de Planificación Urbanística e Vivenda percibirá 41.600 euros; Paula Martínez, que dirixirá Facenda, Economía e Persoal cobrará 32.600; Paz Lago que se encargará da Concellería de Servizos Sociais e Maiores terá un salario anual de 32.600 euros. Marcos Guisasola, Juan Deza, Natividade Parada, Elena Torres e Xoán Pérez percibirán unha retribución de 24.600 euros anuais por cada unha das súas áreas.

O Pleno de organización terá lugar o vindeiro venres, ás 9:20 horas, está previsto aprobar a composición do novo executivo e os salarios. Tamén se incrementarán as asistencias a Pleno, que só percibirán os concelleiros da oposición, de 190 € a 215 € e das comisións informativas, de 95 a 110 €.
Os Plenos ordinarios cambian de horario neste novo mandato. Manteranse bimensuales, pero serán ás 10 horas e os últimos luns de mes.

0
0
0
s2sdefault