Concello de Sanxenxo - O CAMPIONATO SKATE OPEN 2023 CONCENTRARÁ ESTE DOMINGO EN BALTAR A MÁIS DE 80 DEPORTISTAS DO TERRITORIO NACIONAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A proba deportiva celebra a súa segunda edición con marca de participación e con novidades na programación

Baltar acollerá o vindeiro domingo o campionato "Rakayox5AV. Skate Open 2023" con máis de 80 inscritos e catro modalidades diferentes: Skate Sub, Scooter Open, Skate Open e o Rey del Flat. Os promotores, Nicolás López de Rakayo e Rafa Prieto de 5AV, presentaron onte xunto ao concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, e o fundador do club Viejo Lobo School, Sergio Martínez, a segunda edición da proba.


A competición dará comezo co Skate Sub 12 (10:30-12:00 horas), Scooter Open (12 a 14:30 horas), Skate Open (15:30 - 18:30 horas), Skate Final (18:30-19:45H), Rey del Flat (19:45-20:30 horas) e ás 21 horas está prevista a entrega de premios. Ademais, Rakayo en colaboración con 5AV porán á venda en exclusiva para a cita unha nova camiseta da firma local. A cita terminará cun concerto.


Desde a organización, Nicolás López destacou o nivel dos participantes entre os que se atoparán rostros coñecidos do deporte como Calatrava e animou a acudir á cita para ver "un auténtico espectáculo" como unha seda. O fundador de Viejo Lobo School destacou a calidade das instalacións e as potencialidades ao adaptarse a todo tipo de idades e niveis. "Desde a inauguración traballamos nestas pistas e sempre se nos facilitaron as cousas para seguir ensinando este deporte", explicou Martínez.


O concelleiro de Deportes, Marcos Guisaola, explicou que "estamos encantados de que se organicen eventos deportivos deste tipo e que se faga uso dunhas instalacións municipais para campionatos que atraian deportistas ao noso municipio". As instalacións do skate park contaron desde a súa inauguración cun gran éxito de público.

0
0
0
s2sdefault